Pedro J. Peón Estévez
A volta ó mundo de Gonzalo de Vigo (I)
Hoxe toca falar de Gonzalo de Vigo, girubasa.
(Girubasa é unha palabra malaia que, actualmente escrébese JURUBAHASA.
Trátase dun termo composto por JURU = experto e BAHASA = língua, ou sexa: TRADUCTOR, INTÉRPRETE)
De non tratarse este dun relato baseado en rigurosos feitos históricos vostede, sufrido lector, podería chegar a pensar que este escrito é só unha sucesión de paridas sen pés nin cabeza, froito dunha mente tan imaxinativa como seriamente perturbada. Ben é verdade que o relato está adubiado dalgunhas chispas que só perseguen distender un pouco o tremendo drama acaído nunha lonxana e sempre convulsa área do Pacífico sur, drama que aínda non rematou hogano.
Mil veces terá escoitado aquilo de que hai un galego en cada recuncho do planeta por recóndito que sexa e pensaría que é un tópico. Pode, pero non sempre. Hay probas abondo que sosteñen este dito e Gonzalo de Vigo é unha das máis firmes. A el e aos seus descendentes cadroulhes vivir a Historia en primeiro plano. El e os seus foron testemunhas de feitos reais que cambiaron o mundo. Dou fé.
Dixo o profesor Henrique Costas, non hai moito, que o tema dá para moito e xa tarda o libro, película ou serie encol do tema. Pois si, Gonzalo e Guam son unha regaliza de relatos, unha tentación difícil de resistir para o escritor. Pero... Que narrador omnisciente pode haber que nos conte a historia desde primeiros do XVI a primeiros do XXI ? Comomelamaravillaría yo ?? que diría Lola Flores.
Si, amigos. A historia conta cos mellores ingredientes do drama de aventuras co toda a crueza das interminabeis viaxes transoceánicas entre temporais, motíns, o terrible escorbuto, sede, fame negra e enfrontamentos varios con aboríxens e outros navegantes. E está Guam, (ex Ilha dos Ladróns) a meirande das Marianas, colonia da coroa de Espanha. Apropiada polos USA na guerra de 1898 contra Espanha, xunto con Filipinas, Cuba e Puerto Rico. Invadida polos xaponeses na IIGM, foi recuperada polos norteamericanos ( o caso dun soldado xaponés agochado na selva ate ben despois de ter rematada a guerra, é antolóxico )
Hogano, esta ilha é territorio estadounidense pero sen constituir estado. É, basicamente, unha base-forte fronte a hipotética ameaza que representa Corea do Norte mailo seu suposto poderío nuclear. En fin; xeopolítica barata. Ben, vai:
A VOLTA Ó MUNDO DE GONZALO DE VIGO I
Charo e máis eu imos sempre xuntos; non podemos vivir o un sen a outra mais, coma así, non estamos namorados nin falha que nos fai. Os amigos fan bromas con isto pero no fondo todos saben que non imos ter máis relación que a que temos.
Charo é bonita, intelixente e trabalhadora, como di a minha nai, un diamante polido...outra casamenteira. Será, pode, que ámbolos dous nos pasaramos de freada, é dicir: que nos queremos tanto que só pode haber unha fonda amizade entre nós. Daría a vida por ela pero, nin por un intre, podo imaxinármosnos facendo o amor; sería algo así como incesto, ou algo peor.
Compartímo-lo trabalho, o que nos leva a discutir moitas veces perante a xornada pero sempre chegamos a un feliz acordo. Contamos con dous empregados máis, tamén relacionados co mundo da información e xuntos, sacamos a diario un periódico e unha pequena emisión de radio. E aí andamos, atarefados ata as orelhas coa nosa pléiade de desinteresados colaboradores, á procura de socios, publicidade e calquera cousa que nos pague o prato de garbanzos de cada día e todos, todos os que facemos xornalismo na rede imos decote agardando a grande exclusiva, o Eldorado das reportaxes que nos dea o empurrón definitivo á división de honra do xornalismo. O malo é que iso, igual que Eldorado, non soe ser máis que unha lenda pero, para nós, chegou un día e do xeito máis insospeitado.
Eduardo Rolland é un vigués ilustrado que decote teima con dar a Vigo o status que merece na historia, as letras, ciencias e mesmo a ciencia- ficción. A súa obra " Galicia en guerra " fala do papel decisivo do noso país perante a II Guerra Mundial. Tivo Eduardo a grande amabilidade de concedernos unha entrevista levada maxistralmente por Charo comigo no control. Nun momento dado, o noso convidado mencionou, porque lhe cadrase en conversa entre barcos e submarinos, a un marinheiro galego chamado Gonzalo Álvarez Matínez, tripulante da flota de Fernando de Magalhaēs na súa volta ao planeta, segundo crónica de Andrés de Urdaneta. A nosa sorpresa foi maiúscula pero, como o programa remataba, Eduardo, xa fóra de micro ampliounos a información encol deste personaxe e quedamos con el para un coloquio monográfico arredor de tan interesante tema. E comezou pola nosa parte unha frenética pescuda baleirando arquivos, hemerotecas, internet e calquera sitio que aportase o menor dato enchoupándonos do sureste asiático ( Filipinas, Molucas, Micronesia e Marianas e, sobretodo ilha de Guam, a súa historia, cultura, lendas, idoma (chamorro) e todo canto tinha acontecido nela desde a primeira ocupación espanhola ate a actualidade. Iso levounos a proxectar unha viaxe coa fin de achar a pegada de Gonzalo de Vigo nas cáse antípodas. Mais unha viaxe ten un presuposto e este non era dos baratos. A estancia nun hotel de tres estrelas non baixa de 70€ e a viaxe ( voo dunhas interminábeis 25 horas ) de 4.140 € para arriba ) . Iso case remata coas nosas esperanzas, e digo "case" por non dicir que foi o noso estímulo. Coa moita imformación de que dispunhamos armamos un proxecto titulado " Tralos pasos de Gonzalo de Vigo " e con el baixo o brazo batemos en moitas portas e en todas atopamos boas palabras e pouco máis. Pero desde que Concelho e Deputación nos apoiaron formalmente, foi como un acicate para que algunha institución máis e varias potentes empresas da cidae ( que preferiron ficar, nun principio, no anonimato ) nos garantiron finaciación plena, o noso sonho fíxose real e Charo e eu embarcamos un día cara oriente á lonxícua Guam trala pegada do noso lendario paisano Gonzalo de Vigo, loubado sexa. Botei a faltar a companha do profesor Costas, o Champolión galego,...que non faría el co idoma chamorro, língua cooficial co inglés nas Marianas e en boa parte da Micronesia, hoxe convertido nunha sorte de creoulo con fondas reminiscencias hispánicas ! Que non sacaría el dese Austronesio Malaio - Polinesio Sulawesi - Polinesio, (uf!) !