Pedro J. Peón Estévez
Tripulantes galegos na primeira volta ó mundo
( A volta ó mundo de Gonzalode Vigo VI )
"Para marinheiros, nós" é unha velha afirmación da xente do mar de Marín. No escudo da vila figura a máxima " In mare nostra fortuna" e nada hai máis certo. Son de Marín quen nacen nel e/ou quen se bautisma no alto mar a bordo dun dos seus barcos. Quen agarda en terra tamén é Marín...ou Malpica, ou Cangas, ou....Quen ten dous mares, á falta de un, por forza ten que ter marinheir@s e, raro sería pois, que non foran galeg@s a bordo das naos que rodearon a terra por vez primeira cando alborexaba o século XVI e na companha dos capitáns Magalhães e Elcano. Non en van, a segunda expedición, a de García Jofre de Loaísa, partiu da cidade a Corunha. ( Saiban que se non houbo mulheres na expedición de Magalhães foi por desexo expreso do capitán )
Gonzalo Álvarez Martínez de Vigo foi un marinheiro galego enrolado na flota de Fernando de Magalhães e o sua pegada pérdeuse nas ilhas das especias, no lonxíncuo sureste asiático. Pero houbo algúns máis.
Dous dos 18 supervivintes chegados a Sanlúcar de Barrameda o 6-09-2022 xunto con J.S. Elcano a bordo da nao Victoria, foron:
Diego Gallego ( Diego Carmena Gallego ), marinheiro de Baiona e Vasco Gómez Gallego, grumete de Baiona, supervivintes da nao Victoria.
Outros non tiveron tanta sorte. Vasco Gallego, piloto de Su Alteza, morto por enfemidade na travesía do Pacífico, 6 días antes de chegar ás Marianas.
Vasquito, filno do anterior. Un dos trece homes presos polos portugueses en Cabo Verde. Foi liberado e chegou a Espanha o 15 de Outubro de 1522.
Rodrigo Gallego, grumete de a Corunha. Morreu por emfermidade na travesía do Pacífico.
Luís de Avendaño, grumete de Pontevedra. Retornou na nao San Antonio desde as costas de América. Penso que era de Dena.
Juán Gallego, grumete de Pontevedra. Morto cando intentaba voltar na nao Trinidad a través do Pacífico.
Antón de Noia, grumete, morto no combate da ilha de Mactán ( Filipinas ) xunto con Magalhães.
Rodrigo Nieto Gallego. De Ourense, criado do capitán Cartagena, morto tamén en Mactán.
Ximón da Rochela, calafate, de A Rochela ( a Marinha, Lugo ) Morreu na emboscada de Cebú ( Filipinas )
Estes foron, máis ou menos, os participantes galegos na primeira volta ó mundo da humanidade, dos que tan só dous ( Diego Carmena e Vasco Gómez ) tiveron a honra de chegar os primeiros. Outros fixérono máis tarde e algúns nin chegaron. De tódalas maneiras, todos contribuíron ó triunfo da misión e todos eles merecen unha sentida homenaxe neste vindeiro quinto centenario o 6-09-2022. O apelido Gallego ponhíanlho a bordo para diferencialos dos portugueses pois, de feito, algúns facíanse pasar por galegos xa que o número de tripulantes portugueses estaba limitado.
Hai quen sostén que o primeiro en completar a volta ó mundo non foi ningún tripulante da Victoria e que, cando esta arribou a Sanlúcar, xa había moito tempo que un tal Enrique de Malaca ( nativo malaio ) xa tinha feita a sua. A anécdota semmelha ser un tanto rebuscada e non existen probas que corroboren tal feito que, na minha opinión, pretende crear unha polémica similar á da orixe de Colón. Para min, o mérito sempre será dos que organizan e costean a misión e non soamente de Colón, Elcano, Cook ou Neil Armstrong. A fin de contas, estas xestas son "pequenos pasos de homes e grandes pasos da humanidade". É realmente a humanidade, a nosa civilización, quen merece toda loa, por requintado que pareza. Pero cómpre recuar un bocadinho. Ás ordes do rei de Portugal, Fernão de Magalhães xa tinha feito algunha singladura á Oceanía dentro das campanhas de colonización do sureste asiático, alí apreixaron algúns nativos, entre eles Henrique de Malacca ( ou Moluka ), álias O Negro ou Panglima Awang. O caso é que foi adoptado como criado-intérprete por Magalhães e este levouno a Portugal e, máis tarde embarcaríao na expedición do reino de Castilla ás ilhas Molucas cara occidente a través do Atlántico e o Pacífico que sería a primeira en circundar a terra. Sería el, polo tanto, o primeiro en completar a volta tan pronto acadaran o seu lugar de orixe que, a xusgar polo seu nome, sería preto do estreito de Malaca entre Malasia e Sumatra, esta última sería a patria deste home segundo Antonio Pigafetta, cronista da viaxe. Pero tamén podía ser das Molucas, ou mesmo das Filipinas onde morre Magalhães e boa parte da tripulación no combate de Mactán e a emboscada de Cebú, onde se perde a pista deste curioso personaxe a quen a lenda atribúe certo porte principesco. Tamén Gonzalo de Vigo se dilúe nesa área do mundo. O que fora "Girubasa" galego, herdeiro profesional de Henrique de Malaca, rematou feliz na ilha de Guaján entre os seus chamorros...ou ese é o meu desexo. Desexo que non merece maior creto porque no fondo, moi no fondo, eu son un romántico.