José Freire
Dura Lex sed Lex
Coido que somos moitos os que pensamos que a aplicación da lei debe buscar sempre o beneficio da sociedade como tal. Ven isto a conto como consecuencia da xurisprudencia do Tribunal de Estrasburgo pola que, un número importante de terroristas, violadores e asasinos, están saíndo á rúa sen haber penado polos delitos cometidos.
E a boa fe que, o que fixo este Tribunal, grazas a indolencia de tódolos políticos que pasaron durante os derradeiros trinta anos polos Ministerios de Interior e Xustiza, foi maltratar a dignidade de moitos cidadás que morreron ás mans destes asasinos.
Cabía actuar politicamente, pero no fixeron. Nin denunciaron o Convenio de Dereitos Humanos ni pediron á súa revisión. ¡ Que paradoxo, prevalecen os dereitos humanos dos asasinos fronte aos das súas vítimas !. E no fixeron, sabe vostede porqué. Porque estamos ante un paso máis na negociación pactada con ETA, tanto polo PSOE como polo PP.
Intentouno Felipe Gonzalez a mediados dos oitenta. Fracasou. Eran os tempos do Gal. A finais dos 90 o Goberno de Aznar (que lles chamou aos asasinos Movemento Nacional de Liberación), sacou da cadea a decenas de presos, moitos con delitos de sangue, e o seu Ministro do Interior, Mayor Oreja, dixo que "estaría disposto a sentarme con ETA" (ver portada do Diario de Sevilla do 30 de decembro de 2000). E Zapatero, a pesar da declaración de maio de 2005, no Congreso dos Deputados, que esixía a disolución da banda antes de calquera diálogo, non só non dialogou senón que negociou.
Nesto, que parece un xogo macabro, hai uns que, tras centos de asasinatos, feridos, ameazas, familias esnaquizadas ou cidadás desprazados do País Vasco, gañaron a partida e saíulle barato matar (algunha menos dun ano de condena por cada asasinato), sen que tan sequera tiveran a gallardía de pedir perdón, disolverse e entregalas armas.
Hai outros que son responsables, por acción ou omisión, a coroa, presidentes de goberno, ministros de interior, algún líder da esquerda ou algún membro da xerarquía eclesiástica, que permitiron a vitoria dos asasinos e a humillación das vítimas e as súas familias, ou amosaron ledicia da liberdade dos criminais sen ter unha palabra de alento de cara ás vítimas.
E por último, os perdedores. Máis de oitocentos. Que enriba de perdela súa vida, ven coma os asasinos impuxeron a súa moral á clase política española, humillando á cidadanía decente e as súas familias.
Como cidadá e como policía síntome moi abatido por esta situación. Será porque vivín en primeira liña, aló polo final dos anos setenta, as consecuencias da barbarie terrorista. Rara era a semana que non tiñamos que asistir ao funeral dun compañeiro. Tódolos días había que vivir a tensión de mirar debaixo do coche ou observar se alguén te seguía. E cando che tocaba moi de preto, como foi o asasinato do meu compañeiro de liteira na Academia de Badajoz, José Antonio Ferreiro, de Friol, asaltábanche as dúbidas de se todo ese sacrificio valía a pena. Foi moito sacrificio para obter este triste final.
Unha sociedade democrática que esquece e despreza ás vítimas deste xeito, é unha sociedade enferma e feble.
Alguén dirá que prevaleceu o estado de dereito. Máis, ese triste día 21 de outono de 2013, premiouse ao terrorismo e toda a sociedade española perdeu a dignidade
Descanse en Paz a democracia.