Asociación Pedaladas
Pedaladas valora a clase práctica de educación viaria impartida pola Policía Local
Primerio agradecer que o Concello siga cunha actividade que anos anteriores facíamos dende a nosa asociación durante 4 anos e na que pasaron máis de 300 rapaces cada ano.
Encántanos ver que a unidade de Formación da Policía Local que nos axudaba na actividade é a responsable actual da actividade. Un enorme agradecemento por facer esa labor de formación e promoción. Unha aperta a Richard, Maya, Antonio
Pero un matiz importante sobre os comentarios recollidos na nota de prensa do Concello que teñen una valoración política e de modelo de cidade.
Ir en grupo nada ten que ver coa circulación en solitario dun cativo en bici, a seguridade que da un grupo con adultos e coa policía local permite a nenos saír á calzada sen ningún problema, xa que as decisión de tráfico as asumen "os guías" do grupo e os condutores só poden ter paciencia xa que o tamaño do grupo impide as manobras prohibidas e arriscadas para o ciclista.
Por exemplo, a Pedalada que se facía cada ano con centos de persoas ían nenos de 4-6 anos incluso con "corre pasillos" pola calzada, isto é irreal e falar de que Pontevedra permite o uso da bici en calzada a calquera na nosa opinión é irresponsable e débese máis a un desexo do Concello (que compartimos) máis que a unha realidade. Os usuarios adultos de bicicleta ciclicamente temos "problemas" de seguridade con algúns condutores e que descartan mandar a neno ao colexio en solitario en bici por Pontevedra.
Por outro lado, Pontevedra ten unha enorme carencia de infraestrutura ciclista. Estamos á cola de Galicia xa no que son as capitais e grandes cidades, o esforzo de Vilagarcía, Santiago, Vigo, Lugo, A Coruña por facer vías ciclistas sen coches permite xa facer itinerarios de forma autónoma a nenos e nenas de todas as idades en bicicleta.
O modelo de Pontevedra, un 30 pintado na calzada non é infraestrutura ciclista que fomente a autonomía infantil nin que teña como misión permitir a todas as persoas facer desprazamentos en bici sen importar idade ou condición física.
A nivel estado, só a experiencia de Madrid mantén tan baixo o criterio de km de carril bici por habitante, e na nosa opinión débese a que Pontevedra non quere invertir en infraestructura ciclista e por iso a bici non consigue medrar como medio de transporte na cidade. Nos últimos 11 anos non se apreciou un aumento da bici. E estamos a desaproveitar un investimento importante que da o Ministerio de Transición Ecologica e o Ministerio de Transportes.
O Concello de Pontevedra está a deixar escapar axudas que o resto de Concellos de Galicia están a aproveitar para dotar de infraestrutura ciclista ás súas cidades, por un criterio político de que "en Pontevedra os vehículos van pola Calzada e a bici é un vehículo".
Existe tamén, a infraestrutura ciclista, que o estado de España xa da axudas, e que van a executar 1.000 km de carrís bici e máis de 4.100 prazas seguras para bicis. Solicitamos ao Concello que acepte ese cartos e que faga proxectos con Carril Bici naquelas vías que soporten moito tráfico e que permitan a calquera usar a bici de forma autónoma.
A bici é un vehículo prioritario para a UE, para o goberno de España e para moitas corporacións locais xa é saudable, loita contra o cambio climático, non require case espazo de estacionamento e permite chegar moito máis lonxe que a pé. Ningún outro vehículo ten unha huella de carbono máis baixa e ningún outro coida da saúde do seu condutor e dos que o rodean.
Non perdamos a axudas que supoñen os fondos para a creación das Zonas de Baixas emisións!! A pelexa do Concello por cambiar os criterio das ZBE ás súas necesidades non é incompatible con usar os fondos das distintas convocatorias e que si están a usar o resto de Concellos de Galicia.