Tribuna Viva
O goberno local reduce os mínimos de servizo en Bombeiros
Ás portas do verán, o que supón un risco maior si cabe para o traballador e unha limitación na capacidade de cumprimento dos protocolos establecidos e desplegue dos medios técnicos cos que conta o parque municipal.
Nun escrito con data 30/06/2022 o Director Xeral de Protección Cidadá permítelle ao Xefe de Bombeiros que "flexibilicen os mínimos de servizo", establecidos nun 1 cabo (Xefe de quenda), 1 telefonista, 1 condutor y 3 bombeiros para atender un sinistro. Se o requirimento se ten que facer con mais dun vehículo, pódese dar o caso de que tan só estean no foco do incendio, rescate ou operativo semellante, dous bombeiros.
É curioso que os servizos mínimos que ven establecendo o Goberno Local cando se convoca unha folga, 6 traballadores, poidan ser agora "flexibilizados" ou "minorados" sen un criterio coñecido e as portas do verán que a ninguén se lle pode escapar que e o período de maior concentración de actuacións, e cando tanto a prevención como a resposta operativa ten que ser aseitada a os medios dos que dispón o Parque municipal.
Por otra banda nestes meses e cando o propio Concello organiza eventos, festas, competicións deportivas, etc, polo que desde logo a reducción dos servizos mínimos e como mínimo temeraria. Cando os sindicatos non acudimos as convocatorias das mesas de negociación e a Sra. Fouces sae insultando e ameazando, o motivo é precisamente por cousas como estas. As mesas tráense asuntos consumados ou sen marxe de mellora, e cando decretase asuntos como o desta denuncia, non son debatidos a pesares do seu alcanza para a saúde, seguridade e protección dos traballadores. Por outra parte o Goberno Local demostra un total descoñecemento do que supón modificar os servizos mínimos, e entre outras cuestións a mais importante é que os protocolos de actuación esta planificados para 6 bombeiros como dotación mínima. Os protocolos foron feitos previa denuncia e posterior requerimento da Inspección de Traballo, polo que cumpre agora que comuniquen a inspección a variación sustancial no persoal que os teñen que aplicar. Tampouco consta informe do Técnico municipal de prevención sobre dita reducción dos servizos mínimos. Con esta "flexibilización" non se pode desenvolver ditos procedementos coas mesmas garantías, e na recente reunión do Comité de Seguridade e Saúde do mes de Junio nada se dixo deste tema e o técnico de prevención municipal tampouco o comunicou aos delegados/as de prevención, nin consta que se avaliaran os riscos con dotacións de bombeiros inferiores a seis como se viña establecendo.
Non se pode estar a criticar, con razón, os recortes que outras administraccións fan en sanidade, seguridade, ensino, etc. e na que gobernamos baixamos a dotación mínima de bombeiros por quenda ás portas do verán cando no que vai de ano xa temos tristes experiencias do que pode pasar se non se conta cos medios necesarios. O Goberno Local non pode seguir enganando ao pobo de Pontevedra, porque o Director Xeral Macenlle, que asina o escrito, cando foi Xefe de Policía coidouse moito de ter uns servizos mínimos moi por riba dos que aí na actuaridade no corpo de policía, e o actual Xefe de Bombeiro foi sempre un defensor de que por debaixo de seis bombeiors de dotación existía un risco certo para a seguridade dos funcionarios.
Precisamente o propio Xefe de Bombeiro nun novo escrito de data 29/06/2022, recorda a necesidade de aumentar a plantilla de servizo de Bombeiros, e o volve a dicir clariño: "sería necesario o incremento da plantilla tal como se solicitou en informes desta Xefatura, de cara a conquerir unha plantilla máis axeitada as necesidades do día a día".
Porén ante esta nova "locura" do Goberno local que non duda en poñer en perigo a seguridade dos bombeiros e a eficacia e eficiencia na atención de sinistros, os delegados e delegadas de AFUMPO, CCOO, CIG, CSIF, SPPME y UGT, advirten ao Goberno Local que serán os únicos responsables das consecuencias que pode supoñer, nos meses de verán, reducir os servizos mínimos, polo único motivo que o horario recentemente imposto aos Bombeiros non cubre as necesidades do servizo, porque o problema non e de organización de xornada, senón que é de falta de plantilla.
Xunta de Persoal
• Ignacio Portas Chan (CIG) - Miguel Rivas Prieto (UGT) - Marcos Acuña (CCOO)