S.C.D. Raxó
Proposta da SCD Raxó de normalización toponímica na parroquia de Raxó
A asociación SCD Raxó achega a proposta de normalización toponímica para a parroquia de Raxó. Coidamos que, cando menos, a correción da deturpación "Xiorto" debe ser rectificada inmediatamente
SIORTO.- Denominación correcta e histórica da Praia e paseo posterior ao peirao de Raxó. Figura como tal en documentos antiguos de Casto Sampedro e, en toda Galiza, so aopamos un idéntico no Val do Dubra. Significa Praia debaixo do horto, una variante de sub, su. En Raxó existen outros similares como Sueira (debaixo da Eira) e en Galiza atopamos na zona de Ribeira o topónimo Sieira (debaixo da Eira)
MACEIRIÑA,. A continuación da de Siorto e separada da mesma polo con da “Pedra Alta”, atópase outra praia, esta máis pequeña, compartida case metade con metade co Concello de Sanxenxo e cuxa denominación popular é a de Praia da Maceiriña.
PRIORATO.- Denominación histórica e cartográfica da mal chamada Praia de Raxó, pois de Raxó son todas elas e debe o seu nome á relación e a importancia que a actividade pesqueira que nela se desenrolaba, tiña para o Mosteiro de Armenteira quen estabeleceu un priorato para a recadación dos diezmos derivados do mar.
VIAIS:
LAPIÑEIRA.- Proponse a recuperación deste topónimo para o tramo comprendido entre a rúa da Praia e a Igrexa parroquial, por ser a forma antiga con que os devanceiros denominaban este camino e que ten relación coa rocha do seu chan.
AGRO.- Primeiro tramo do camino da Granxa.
CALEXÓN.- 2ª Travesía da Praia.
OUTEIRIÑOS.- (PLURAL) rúa do Outeiriño.
ESPEDREGADA.- Tramo que abarca parte da rúa Lameiriña, até a rúa Caneliñas.
LODEIRO.- Sustituir en vez da rúa Espedregada
COVIÑA (A).- Tramo da denominada rúa Caneliñas que abrangue a parte inicial (habitada) do camino que vai a Arén.
FONTE MAIOR.- Tal e como o seu nome indica, fai referencia á maís importante das fontes que posue a nosa freguesía , sempre escasa en fonteiros e carente de cauces fluviais. Abrangue o tramo da PO 308 próximo á fábrica de conservas Camping ate o linde con Samieira.