José Freire
Lei de Seguridade Cidadá
Por fin, acabamos de coñecer o anteproxecto de Lei de Seguridade Cidadá. Texto que, a pesares de ser o colectivo policial un dos actores fundamentais da seguridade, aínda o Ministerio non tivera a decencia, xa non so de discutilo con nos, senón tan sequera de dárnolo a coñecer.
Se contar coa participación das organizacións sindicais da Policía redúcese a pedir unha opinión acerca dos puntos que poden resultar máis sensibles desta Lei, entón entendemos a colaboración e a actividade sindical de xeito diferente.
Centrándonos no contido da futura Lei, é certo que, por parte do Goberno, fíxose un esforzo por dotar dunha maior protección aos policías. Neste senso vanse penalizar as agresións e os insultos á policía. Máis, cabe interrogarse, por que se sacan estes supostos do Código Penal e se trasladan a infraccións administrativas?.
Tamén resulta evidente que determinadas actitudes violentas cara á Policía, que se consideraban delito, e por tanto castigadas con penas de cárcere por ser atentado ou resistencia grave á autoridade, case que nunca se concretaban. E, como se nos garante que, a partires de agora, sendo meras infraccións administrativas van ser máis efectivas?.
Queremos pensar que o Goberno o que pretende é protexer aos policías no desenrolo da súa actividade profesional, e que con esta norma o vai facer de xeito máis eficaz, a través da tramitación de infraccións e a imposición de sancións. Máis temos que volver a preguntarnos como se vai facer isto na práctica. Ou, por exemplo, ata que punto a Administración vai garantir que un policía ofendido ou lesionado, no exercicio que esta lei lle encomenda, vai ser indemnizado nos supostos de insolvencia dos responsables, cando na actualidade solen evadirse desta responsabilidade?.
A Organización sindical maioritaria na Policía estatal, quere que a reforma solvente as debilidades da norma anterior, coñecida como Lei Corcuera, e que se chegue ao fondo do problema.
Queremos ter a seguridade de que estas propostas do Ministerio teñen un desenrolo práctico e efectivo, e que os policías, unha vez máis, no se vexan sometidos a experimentos de consecuencias graves e irreparables.
A ninguén se lle escapa que vivimos momentos de grandes tensións sociais. Nunha sociedade que utiliza cada vez máis a violencia. Onde os Corpos de Seguridade carecen dese halo de autoridade tan necesario nun estado democrático e de dereito. Agora que nos gusta tanto compararnos con países do noso ámbito, en Gran Bretaña, por exemplo, é impensable que se produzan nin unha mínima parte das agresións, resistencias, desacatos ou insultos que soportan os policías en España. Ou é impensable unha agresión con testemuñas a un policía e que saia absolvido ou cunha leve condena de multa, algo habitual no noso País.
Eu son dos que penso que hai normas que debían estar por riba da loita partidista. Sobre todo aquelas que afectan á convivencia dos españois. Pero moito me temo que, tamén aquí, sairá a relucir aquilo das dúas Españas.
E o peor é que nos colle aos policías no medio, que ao fin e ao cabo somos os que temos que dala cara. E xa son moitas as veces que no la partiron.