Héctor Santaló
Medias mentiras
O pasado luns 18 de novembro, en rolda de prensa, a Sra. Anabel Gulías a fixo un anuncio do que diversos medios de comunicación reproduciron con titulares do estilo "O Concello sobe un 1,5% o soldo aos seus funcionarios con efectos retroactivos" .
Non é un segredo que as relacións entre o grupo de goberno e persoal municipal non pasan polo seu mellor momento polo que ante a lectura dun titular semellante alguén podería pensar que está a cambiar as tornas, diso nada.
En primeiro lugar, o que está a facer o Concello é cumprir cunha obriga que lle ven imposta por unha norma estatal. Por máis que queiran disfrazalo dun xesto de magnanimidade non teñen outra opción que acatalo.
En segundo lugar, desas medidas non se van a beneficiar só os funcionarios, senón todo o persoal ao servicio do sector público. Aínda que máis adiante, e sen tanto bombo mediático, altos cargos como a Señora Gulías ou o Señor Alcalde tamén van ver incrementadas as súas retribucións.
En terceiro lugar anuncia que o que se vai a aboar os traballadores e traballadoras municipais é unha produtividade, o cal non é correcto pois se trata de retribucións atrasadas.
As relacións laborais no Concello de Pontevedra están tan tensionadas que a imprecisión nas declaracións da voceira resultan ofensivas e son consideradas coma unha provocación pola meirande parte do plantel e obríganos aos representantes dos seus intereses a saír ao paso das mesmas.
Por outra banda, considero que é un bo sinal que o goberno municipal tente atribuírse un mérito alleo en materia de persoal, pois revela que a súa nefasta xestión non responde a unha estratexia meditada e consciente con fins electoralistas, senón á dubidosa solvencia das persoas que designaron para dirixila.
Compre ter ao frente a persoas formadas, con coñecemento e experiencia na materia, con capacidade para chegar acordos e que conten, asemade, coa confianza e respecto dos demais integrantes do grupo de goberno, porque a xestión do persoal é una cuestión complexa... moito máis que contratar a tempo o alumeado de Nadal.
Héctor Santaló
Secretario da Xunta de Persoal do Concello de Pontevedra