Antón Roel Villanueva
As pistas de Campolongo
Hai algun tempo e con outros gobernos municipais, os veciños e veciñas do Barrio de Campolongo tiveron que loitar para que non os privasen dunhas pistas que tiña a mocidade do barrio para xogar e facer deporte. Logo de multas e ameazas de cárcere, os veciños lograron que o Centro de Tecnificacion Deportiva, que ia facerse enriba das pistas, fora a outro enprazamento e a mocidade do barrio puido seguir facendo deporte a o ar libre.
Recuperáronse e melloraron as pistas ao ar libre pero non se dotaron ou repuxeron as catro canastras de baloncesto que había. O único mobiliario que permanece son unhas porterias de balonmán. Debaixo das pistas hai agora un moderno polideportivo, pero é de pago e as familias aínda non lles dá con poder chegar a fin de mes para aiínda ter que pagar a cuota e poder facer deporte. Se todos estamos dacordo en que a xuventude faga máis deporte e non estea tan enganchada ás redes e ao playstation temos que pórlle os medios nas rúas para que iso non aconteza e que non supoña unha carga máis para as familias que non poden pagar unha cuota. Habia unha canchas de baloncesto vellas pero as habia e non custa moito repoñelas e, deste xeito, as familias con pouco poder adquisitivo poderían ofrecer aos fillos un espazo para o lecer, a convivencia e o deporte..
Tamén os nosos maiores precisan atención. Desde agora hai un parque infantil, que sen tempo non era que o puxesen. Tiñan unha pista de calistenia para facer deporte e a sacaron. Todos no barrio entendiamos que ían trasladala de sitio, pero os vellos e vellas do barrio aínda agardan por ela. Foi vestir un santo para desvestir outro. Eu penso que en todo Campolongo hai espazo dabondo para cumprir cos nosos maiores e ter un espazo de reunión e convivencia, que permita manterse en forma cos aparellos de ximnasia.
No barrio caeron árbores xa moi velliñas que supoñian un perigo pero non as repuxeron. Cando unha árbore cae, axiña hai que plantar outra se queremos calidade de vida. Está ben que, como pediron os veciños, puxeran máis bancos, cousa que hai que agradecer, pero tamén puideron pór un par deles máis no paseo do Gafos onde se estragaron. Agora que axiña veñen as eleccións municipais os politicos deberían lembrarse de recuperar para goce da cidadanía o xardín de Sanidade a carón do río, como se fixo cos xardíns da UNED e que os veciños levan tempo pedindo.