Carlos Regojo Solla
O efecto Caballero
Dende a Primeira Gran Guerra na casa houbo sempre negocios no máis puro sentido da palabra; negocios de verdade, viciosos por rendar xornada tras xornada, onde o mostrador non era impedimento nin barreira para facerse cunha vida desafogada gracias ás mercadorías xenerosas ultramarinas, concesións de marcas e outras máis locais cuxa venda enchía de billetes a faldriqueira da bisavoa; mais o bacilo de Koch e a Guerra Civil sobre todo fixeron tal estrago que, pouco a pouco, mandaron aquela abundancia a tomar vento.
Pasado o tempo, recordando aqueles anos de esplendor, de cando en vez, se por exemplo se extraviaba un cuberto de "alpaca" ( que tiña un alto porcentaxe de plata) ou escachaba unha porcelana fina, lembranzas todas da època de abundancia, logo do cabreo correspondente, era doado que saíran a relucir anécdotas referidas á vida pasada. Recordo varias, pero para este comentario so vou facer unha mención que ven a conto.
Comentábase entre outras cousas o sistema a seguir no regateo. Tratábase dun código de dez letras na etiqueta que conformaban unha palabra coñecida onde cada letra pertencía a un número de cero a nove que che daba de seguido a pauta de ata onde podías chegar coas rebaixas solicitadas polo cliente. Poñías por exemplo un dez por cento de ganancia e dende aí baixabas o posible para vender sen perdas. A día de hoxe creo non traizoar os meus antergos se descubro cal era a nosa. A clave en cuestión e a súa correspondencia numérica era a seguinte:
H U E R F A N IT O
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9
Imaxinemos un artigo , un xersei, por exemplo, que levara a
seguinte etiqueta:
PREZO VP...59 $
AR
Nos 59 $ vai incluído o 10% de ganancia co que se pode xogar no regateo cousa que me indica o prezo de costo determinado polas letras AR ( 53)
Traballando na Coruña cadroume ver coma o alcalde Vázquez transformou unha cidade máis o menos xeitosa nunha delicia de parques, xardíns e paseos marabillosos. Fíxoo nuns poucos anos. Aquela cidade cambiou por completo, bueno tamén axudou o seu que o “Depor” andaba por entón como flamante campión de liga
Penso que chegadas estas datas todos os concellos do mundo (non esaxero) andan facendo o avión no tocante á iluminación de Nadal nas rúas da súas cidades respectivas porque un alcalde ilusionado, un rapaz septuaxenario, tamén socialista coma Vázquez, elevou o listón moito. É o que eu chamo o efecto Caballero.
Na nosa cidade tamén pasa iso e o comercio local está que bota chispas, pero ¡é que non teñen iniciativas, leche!
Imaxinade que un día destes os comerciantes deciden abrir o negocio ata as nove alumeándose con candelas, afinan o seu código segredo, fan ofertas ruidosas con altofalantes e botan a casa pola fiestra. Candelas por todas partes e vendas a esgalla aínda que se perdera un pouco de xénero.
Luces, faltan luces, e un pouco de ruido, verdade que sí?. Sonche gañas de non apañarse.