Xerardo Torrado Agulla
A Xeografía de Estrabón: civilización versus barbarie, mundo grecolatino versus galaicos
Vouvos escribir arredor de Estrabón (c.64/63 a. C.-c.23/24 d. C). Foi un xeógrafo grego de tempos do emperador Augusto que escribiu unha monumental Geographiká en dexasete libros, sendo o terceiro deles o que adica á Iberia. Estrabón non estivo nunca na Península Ibérica, pero válese das obras de predecesores que sí estuvieron nela, como son Polibio (200 a. C.-118 a. C.) ou Posidonio (c.135 a. C.-51 a. C.). A pesar de todo, a obra de Estrabón está pragada de coñecementos etnográficos, certos ou non, e el mesmo foi un gran viaxeiro, créndose por isto, non sen orgullo, como superior entre os xeógrafos da súa época. Hai que ter en conta que escribe durante a "Pax Romana" cunha rede de camiños propiciados pola conquista, a romanización e uns intensos intercambios comerciais, condicións das cales non disfrutaron os seus predecesores. O seu interés polo xeográfico se lle sumaba o do histórico, cunha curiosidade propia dun hombre culto. Pero as súas viaxes non se poden considerar exploracións debido a que están centradas en rexións xa ben conocidas con preferencia cara as zonas moi civilizadas.
Estrabón establece unha escala xerárquica en relación ca importancia histórica, e así a Galia e Hispania estarían nun nivel máis inferior que o mundo do Mediterráneo central e oriental. Chega a criticar ós seus predecesores que tiveron como estudio a zonas como Britania, Xermania ou Escitia, que para Estrabón son "inútiles" para facer unha Historia a través da xeografía. Para Estrabón non tiña sentido o estudio da xeografía fóra das áreas ampliamente civilizadas e, nesa reciente conciencia europea, a India só lle interesa como esceario das andanzas de Alexandre Magno. Así diferencia á xeografía humana (civilizada) da xeografía natural (bárbara). A distinción entre gregos e non-gregos ou bárbaros segue viva pois en Estrabón.
Comentemos algo da etnografía de Estrabón, en relación cos habitantes do norte peninsular, onde poderiamos adscribir ós do Noroeste. Aqueles habitantes dun punto tan alonxado ca ecoumene aparecen descritos con tódolos tópicos da barbarie, groseiros e incultos. O punto de vista de Estrabón enmárcase na intención expansionista de Roma e a súas intencións ecuménicas, unha Urbs que levaría á civilización a un orbe bárbaro, dito doutro xeito: a conquista romana era moi "ben intencionada". Así Estrabón empregará o matrimonio, a agricultura mediterránea basada no trigo, o viño e o aceite, o sympósium e tódalas institucións coñecidas no mundo clásico para construir uns referentes culturais dos cales valerse para a súa contrastación cas sociedades externas. Con aqueles montañeses Estrabón non é nada obxetivo e dase unha descalificación sistemática dos mesmos.
A terra do que serían os galegos era unha terra noutro extremo da ecoumene, alonxada dos centros de civilización. Estrabón, ós habitantes das ribeiras do Cabo dos Ártabros e o Cabo Nerio, dalles unha filiación étnica céltica (a de Praesamarcos e Supertamaricos), situados no extremo máis Noroccidental da Gallaecia, mentres que para o resto non aporta ningunha filiación étnica.
O estado de barbarie, no cal se considera a tales montañeses, ten moito que ver ca conciencia cerealística como definitoria da civilización, a adopción desta práctica significa a entrada de cheo na civilización distanciándose do resto dos animais, e así atopama-la expresión homérica de "comedores de pan" para referirse ós helenos. Na economía dos montañeses minimízase o papel da agricultura, aínda que Estrabón recoñece que sabían cultiva-la terra (III, 3,5), pero sinalando que o clima frío destas terras non permite o cultivo de "especies civilizadas". Fronte á tríada mediterránea de trigo, vide e olivo, Estrabón escribe sobre aqueles montañeses norteños: "os montañeses viven durante dous terzos do año de landras, que secan, trituran e moen para facer pan e conservalo durante moito tempo. Tamén beben caelia (cervexa). Teñen pouco viño, e o que conseguen, deseguida o consumen en banquetes cas súas familias. En troques de aceite teñen manteiga" (III 3,7). O cultivo do cereal, aportado pola deusa Deméter/Ceres, era parello á vida civilizada, mentres que ausencia do olivo significa negalas ventaxas civilizadoras traídas pola deusa Atenea/Minerva. A cervexa na etnografía grega, actúa como indicador xeográfico da barbarie, pero ademais o feito de non saber consumi-lo viño de xeito civilizado nega as ensinanzas doutro deus "civilizador", Dionisio/Baco. Cando os montañeses norteños beben o viño o fan cas súas familias, incluso cas mulleres, o que é obxeto de escándalo e unha violación do sympósion clásico, onde as mulleres que participan son hetairas. Ademais mentres que gregos e románs mezclaban o viño sempre misturado con auga, aqueles bárbaros o toman puro.
Por outra banda, o comportamento das mulleres montañesas tamén sorprende a Estrabón, unhas mulleres alonxadas do prototipo de Penélope pechada no fogar e adicada o seu tear, e que pola contra destacan pola súa fereza e afouteza como os seus compañeiros varóns, prefirindo suicidarse e matar os seus fillos que arroxan incluso a xeito de proxectil antes que rendirse. Ademais as mulleres manteñen a súa condición de propietarias, controlando medios de producción e regulando elas mesmas os intercambios matrimoniais, son as que receben á dote, e entregan esposas ós seus irmáns ademais de ser as que herdan. É unha inversión dos roles do modelo tipo clásico. Pero a inversión dos roles en Estrabón faise extrema ca práctica da covada, na cal as mulleres tras dar a luz deixan o leito para que sexa ocupado polos seus homes, algo aberrante na cultura grecolatina e mediterránea en xeral, onde o home tenta non contaxiarse cas impurezas do parto ata que tralos ritos purificatorios sexa o recén nacido recoñecido e integrado na casa, o "oikos", a "domus".
Vemos polo tanto como o retrato que foi Estrabón dos montañeses do norte peninsular é unha extrapolación, á inversa, de todo o que se tiña por "civilizado": landras versus trigo, manteiga versus aceite, cervexa versus viño e matriarcado fronte patriarcado. Pode que no relato de Estrabón se mostre en grande parte unha verdade, pero a intención de xerar un modelo ó que opor de xeito contundente o tido por civilizado é evidente.