S.C.D. Raxó
Proposta da SCD Raxó de conexión da Rúa Ramón Encinas con Sanxenxo
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, vén de formular, no ámbito da Comisión de Seguimento dos Portos de Raxó e o Covelo, reunida o pasado venres, día 20 de xaneiro, a proposta de plantexarlle ao Concello limítofe de Sanxenxo a conexión da rúa Ramón Encinas co vial da futura urbanización prevista en Pampaído.
Dita conexión, imprescindible para a ordenación do núcleo costeiro urbano da nosa parroquia, tería, tamén, a virtualidade de integrar o núcleo de A Granxa de Abaixo, no Concello de Sanxenxo ao que pertenece e actualmente aillado do mesmo, ao ter que recibir os servizos básicos dende Poio ao carecer de acceso rodado adecuado.
Compre lembrar que tanto Raxó como A Granxa de Abaixo son a periferia dos dous concellos o que xenera disfuncións importantes aos que alí habitamos. Non é admisible que os dous Plans Xerais de Ordenanión Municipal, tanto o de Poio como o de Sanxenxo, non recollan esta realidade e nos obriguen a vivir de costas aos que habitamos nun espazo urbano común e contínuo.
Dicír que dita proposta foi ben acollida polos alí presentes, polo que instamos á Alcaldía do Concello de Poio a que tome a iniciativa neste asunto que, entendemos, debe quedar á marxe de calquera cálculo electoralista, pese a que estamos tan habituados como cansos de que esta cuestión cobre so vixéncia mediática cada catro anos.
Asdo.: Xaquín Agulla Gómez
Vice-presidente da SCD Raxó