Tribuna Viva
Resposta da CIG, CCOO e SATSE sobre o tema dos PAC en Pontevedra
Os sindicatos de mesa sectorial presentes na área sanitaria de Pontevedra-Salnés (CIG, CCOO, SATSE), en referencia ao programa especial extraordinario para a cobertura da atención sanitaria dos PAC da área, queren expresar o seu desacordo co mesmo, baseándonos en:
-
Este documento é froito dunha interpretación unilateral da situación actual dos PAC por parte da xerencia; en ningún momento houbo unha negociación e moito menos un acordo coa comisión de centro de atención primaria desta área. Ademais, se é unha medida que ten a intención de estenderse polo resto de áreas sanitarias, necesita dunha negociación previa en mesa sectorial, que é onde se toman os acordos deste ámbito
-
Non fai referencia a todas as categorías que teoricamente sofren un aumento da presión asistencial; queremos lembrar que un PAC non só está conformado por médicos, se non que tamén están a prestar servizos enfermeiras e psx ou celadores
-
A "presión asistencial" non é a única presión que sofren o persoal dos PAC; queremos lembrar que todos os profesionais destas unidades están a realizar un esforzo adicional para tratar de continuar co seu traballo ordinario a pesar de non estar o equipo completo.
Por todo iso, o tratar de primar a un grupo de traballadores de PAC por riba dos demais, aparte de ser discriminatorio é unha falta de respecto cara a todo o colectivo.
CIG, CCOO, SATSE