Xerardo Torrado Agulla
Imperialismo, colonialismo e expolio
Na última semana, o Museo de Pontevedra veu de devolver a Polonia o díptico do talller de Lovaina que pertencera á coleccion Czartoryski da cidade polaca de Gołuchów, saqueada polos nazis. Sen dúbida é un acto moral o que fixo a institución do noso Museo de Pontevedra. Por outra banda, debemos facernos unha reflexión, e é que se tódolos grandes museos do mundo fixeran o acto moral de reparación dunha inxustiza que fixo o noso Museo, os devanditos grandes museos quedarían baleiros. As pezas exipcias e mesopotámicas, expoliadas das súas nacións desaparecían das salas do Louvre de París ou do British Museum londinense, quedando o Louvre sen o seu código de Hammurabi e o British sen a pedra de Rosetta, por só mencionar a dous casos paradigmáticos. En cando ás pezas do Partenón ateniense do obradoiro de Fidias expoliadas de xeito impenitente por Thomas Bruce Elgin, a día de hoxe segue o estado grego a reclamar a súa devolución, algo que sería de total xustiza.
O colonialismo foi responsable de expolio e sufrimento, non só os nazis provocaron sufrimento, que si provocaron moito. Hai uns anos tivera o pracer de lelo interesante libro A pantasma do rei Leopoldo, de Adam Hochschild, un relato sobre o horror provocado por unha nación civilizada como a belga, como civilizada era a alemana, con mutilacións masivas de membros das poboacións nativas da colonia congoleña. Non só se expolian obras de arte, algo que xa facían os ricos romanos con esculturas e pinturas gregas, tamén se expolian recursos naturais, como Leopoldo II facía co caucho en África. Temos que devolver tamén os recursos naturais expoliados? Cál e a diferencia en expoliar un cadro e os recursos naturais dunha nación? Os pobos levan cometidos roubos e expolios a outros pobos durante milenios, non foi invento dos nazis, desgrazadamente. Non hai rexistros de todo o que tiñan que devolver as potencias imperialistas e coloniais ó longo da Historia, é incalculable. Como escribiu Hobbes, "o home é un lobo para o home", sería imposible que cada lobo tivera que compensar polo dano de cada trabada. Agora ben, o acto do Museo de Pontevedra en relación cos dous cadros que forman o mencionado díptico é un feito honorable, pero lembremos que o expolio séguese a producir na actualidade, as nacións do primeiro mundo respecto ás do terceiro mundo, expolio de recursos naturais e humáns que, gústame pensar, son máis importantes que un díptico. Nunca máis ó expolio das nacións.