Pedro J. Peón Estévez
Úlo "plan social" de Ence?
65 ANOS, 65 levo eu aturando a "biofóbica". Algún dirá "Non será para tanto". Si é para tanto e para máis, facédeme caso porque eu sempre estiven aquí. Apenas contaba oito anos cando mamá me mandou á tenda de Genaro a por un pouco vinagre. No chalet da antiga Varela Villamor (xusto fronte á entrada da "biofóbica") tinha as oficinas a draga Amparo (o nome ten conha) e, cando eu pasaba xusto por diante, saeume o fero pastor alemán do capitán e cravoume os cairos no papo da perna. Coido que fun eu o primeiro afectado pola "biofóbica" antes de ela chegar a Lourizán. Foi a minha nai comigo a pedir explicacións e o capitán do tal draga dixónos que, tranquilos, que o can estaba vacinado. Coido que aquel home estaba máis preocupado de que eu non o estiver. Pois si, aquel becho estaba moi ben entrenado e xa sabía a quen tinha que morder. En Soweto chegou a pasar o mesmo.
Vaites que, malia ter o "proghreso" ás portas da casa, todos os irmáns tivemos que emigrar pois na biofóbica non había trabalho para nós porque seica tinhamos o mal costume de pensar (díxomo a min un xefinho de persoal moi opuseiro el ). Semelhaba haber orde estrita de que para os peóns, nin auga. Voltamos do estranxeiro e montamos un talher de carpintería metálica. Nunca na historia a "biofóbica" nos deu un pataco de trabalho! O que si nos deu foi unha rociada tras doutra de xofre, cal, sosa cáustica ou sabe cristo que, de maneira que tinhamos que disimular con petróleo as picadas do material que tinhamos fóra para poder endosárhelos ós clientes honrados. Sería interminable nomear a de putadas que tivemos que aturar co alcaioteo de certa canalha "estomagosagradecida". Pero vaiamos con algo máis recente.
Suponho que terán visto toda esa propaganda dos eucalitos na televisión. Ben; pois é mentira. Resulta que temos unha tomada aquí a un paso da "biofóbica" e chamamos para que nos vinheran mirar as árbores. Dixeron que si pero non aparecían. Volvemos chamar e quedaron de vir. O tipo traía un carro rotulado cos letreiros da "biofóbica" e non sabía moi ben por onde andaba. Pasou de largo por nós e tivemos que abordalo para saber se nos buscaba. Non sabía nin que existía ese caminho. A min pareceume que non tinha moitas ganas de vir... como de estar avisado. Total; que subimos ó monte e venha GPS para diante e GPS para atrás e resulta que tódalas árbores eran defectuosas ou eran de baixa calidade, e que se non temos tractor pequeno e que tal que sei eu, etc. Escusas, desculpas, trucos de feirante para quedar ben e malpagar o becerro. Exactamente tal e como eu sospeitaba. Dixo que a maioría das árbores non valían. Pregunteilhe se non valían para biomasa. Non sabía o que era iso. Quedou de chamar para dicirnos algo. Non o fixo. Chamámoslhe nós e dixo que as súas "grandes máquinas" non podían chegar ata alí. Me lo temía. Si, son moi grandes. Deben de ser as mesmas que aterrazan montanhas enteiras en Berrocal ou Monfragüe. Ben, xa o saben; se queren venderlhe madeira á "biofóbica" fáganlhe unha autopista polo monte primeiro ou lévenlha limpa de pó e palha e déixense de acreditar en anuncios televisivos e outras caralhadas.
O paisano deixounos unha tarxxeta moi chula con logotipo da "biofóbica" e todo. Pon Marisma de Lourizán, s/n. Iso é mentira. De marisma nada, chámalhe litoral, costa, ribeira... ou é que parece menos delito chamándolhe "marisma"? Non comezamos ben. Baixo o nome do titular pon: Gestor de Compra en Pie y estrategia. A súa estratexia quedou máis que clara, non?
Teremos que cambiar de estratexia. Imos falar con outros "estrategas", que os hai, mesmo alén da raia. Quede claro que eu non lhes pedín ningún favor. Só ofrecerlhes uns eucalitos que nós NON PLANTAMOS. Pero semelha que os "plans sociais" soamente funcionan a distancia e con depende quen. Tamén pode que a suprema cacicada tivera algo que ver.