A mentira nunca dignifica: George Bridgetower e as sereas

02 de julio 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Na película Amor inmortali>, na cal Gary Oldman intepreta de xeito maxistral o seu papel de Beethoven, aparece en determinado momento un violinista mulato tocando o violín. Recoñezo que a primeira vez me chocou: un violinista negro tocando na Viena de Beethoven?

 

Na película Amor inmortal, na cal Gary Oldman intepreta de xeito maxistral o seu papel de Beethoven, aparece en determinado momento un violinista mulato tocando o violín. Recoñezo que a primeira vez me chocou: un violinista negro tocando na Viena de Beethoven? Pero tras ler dúas biografías de Beethoven e tendo na lista de espera a maxistral biografía do compositor escrita por Jan Swafford, agora sei que non se trata dunha invención, senón que tal persoaxe, o violinista mulato, existiu, e que ademais está relacionado ca peza que interpreta na película comentada, a sonata Kreutzer para violín é piano. Trátase de George Bridgetower un violinista mulato da época moi admirado por Beethoven, a quen o músico lle adica a sonata para violín que hoxe coñecemos como "Kreutzer". Pero un comentario pouco afortunado de George Bridgetower sobre unha dama provocaría o enoxo de Beethoven e que finalmente adicara dita sonata a Rodolphe Kreutzer. Senón fora por ese comentario, hoxe coñeceriamos a esa sonata como "sonata Bridgetower". Por certo, é a miña sonata para violín de Beethoven favorita, cos seus fortes pizzicati.

Hoxe estamos acostumados a que por ser políticamente correctos nos ensinen no cine e nas series de televisión a persoaxes intepretados cunha cor de pel que nunca tiveron na realidade. Foi famoso o caso dunha Cleopatra negra, que despertou o comentario eminente exiptólogo Zahi Hawass: "Cleopatra non era negra. Nos queren convencer dunha falsidade", comentario que fixo que de inmediato fora crucificado nas redes sociais. Pero é que, dende o meu punto de vista, a mentira nunca dignifica. No alabado e detestado á vez traballo do intelectual estadounidense Harold Bloom, O canon occidental, falaba da "escola do resentimento", alegando que se estaba convertendo nun exercicio común o darlle a mulleres afroamericanas premios de literatura sen ter calidade intelectual suficiente. Non vou a entrar no debate de si Bloom tiña ou non razón, descoñezo na súa totalidade a literatura americana contemporánea como para facerme unha opinión. O que me chama a atención é que nos Premios Nobel de Literatura, semelle que cada vez prime máis a orixe exótica do autor ou autora. E cando llo dan a un europeu, o someten a un proceso inquisitorial. Tal foi o caso do alemán Günter Grass, de quen se chegou a decir, con ánimo de desprestixialo polo mero feito de ser alemán, de que servira na Wehrmacht durante a Segunda Guerra Mundial. E eu me pregunto si é delito servir no exército regular dun país cando hai unha movilización xeral por guerra. Foron os nosos pais por facer a "mili" con Franco, e ser polo tanto parte do exército dun ditador militar, franquistas? A pregunta é retórica.

O que sí me chama a atención dende fai tempo e que no cine, presentaba a actores de color interpretando a príncipes e princesas medievais en cortes europeas, ou a lores e damas da alta sociedade inglesa do século XIX, con modos aristocráticos ó máis puro estilo dunha novela de Jane Austen cando, desgraciadamente, no mundo occidental vivían tempos de escravitude. Din que é para visibilizar a unhas persoas ate o momento humilladas, pero creo que debería entón centrarse en persoaxes que sí existiron e dos cales apenas sabemos nada, como George Bridgetower, en troques de invertarse cousas. A mentira nunca, nunca dignifica. Por suposto, non me refiro a que se inventen a vida de George Bridgetower para retratala nunha película. Ese non é o meu estilo. Sí existiu xente mulata eminente en Europa, a pesares das barreiras sociais, non fai falla inventala. Un exercicio investigador sobre estas figuras sería un auténtico exercicio de dignificación.

Últimamente se ten escoitado críticas debido a que a "Sirenita" de Disney sexa negra. Tanto os que defenden que sexa negra coma os que sexa branca como a da película de debuxos animados, ignoran que as sereas da mitoloxía non se parecían en nada a Ariel, de feito tan sequera tiñan a metade do seu corpo coma un peixe, senón que tiñan alas e voaban, polo menos así eran as sereas que estaban en mente dos rapsodas gregos e coma aparecen representadas na cerámica grega. As sereas do episodio de Odiseo, repito, tiñan alas e voaban, non tiñan corpo de peixe de cintura para abaixo.

Pero, a diferencia das sereas, brancas ou negras, voando ou baixo o fondo do mar, George Bridgetower sí existiu. Cada vez que alguén escoite ese potente primeiro movemento da "sonata Kreutzer", cos pizzicati que semellan que arrincan ás cordas do instrumento, pensemos que esa peza xenial, esa obra de arte, puido ser coñecida como "sonata Bridgetower"..