Cos 5 sentidos #8: Marín e o Enterro da Sardiña

Agora en directo

11:00 | 11:05

Cos 5 sentidos #8: Marín e o Enterro da Sardiña

Ven | 11:00 | 11:05

Este 2024 Enterro da Sardiña en Marín celebrouse por primeira vez co engadido de Festa de Interese Turístico en Galicia. Un recoñecemento para esta tradición do entroido marinense que se sucede, polo menos, desde finais do século XIX, cando xa se teñen testemuños escritos do mesmo. Viaxamos neste podcast para seguir a pegada que neste concello foi deixando a pesca da sardiña. Un engadido ao patrimonio cultural existente a ambas as marxes da ría de Pontevedra e do que fomos extraendo algunhas pinceladas en Pontevedra, Poio e Marín. 

'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).

Foto: Julio Santos

Próximas emisións

A min tamén me pasa

A min tamén me pasa

Un podcast para "normalizar asuntos que poden resultar perturbadores, pero que falándoos, descubrimos que nos pasa a todos". Co sexólogo e psicólogo sanitario Carlos Márquez Barros.

Ver audios dispoñibles
Ábrete de orellas

Ábrete de orellas

Martes ás 20.00 horas

Unha hora semanal de música en base a concertos por Galiza e novidades discográficas, con especial protagonismo para o produto do país

Boomer o último

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

Ver audios dispoñibles
Xeración Sónica

Xeración Sónica

Xeración Sónica é un proxecto da área de Xuventude do Concello de Pontevedra. Trátase un programa anual onde mozos e mozas da cidade se unen en equipos creativos para dar vida a proxectos artísticos únicos e irrepetibles.
 

Ver audios dispoñibles

Carne Cruda 18abr2024

Xov | 10:00 | 11:00

'Ensalada tropical' con Javier Díez Ena, Sr. Tropical.

Carne Cruda 18abr2024
Fechar