![Radio Escaparate #59](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/358/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/59dcf559bb-56ec464c11-56eab09bd7-56e91fe3e9-escaparate.jpg)
Radio Escaparate #59
Mér | 20:00 | 20:47
Ola de novo escaparatistas. Xa tedes dispoñible o segundo programa da cuarta temporada do ESCAPARATE, o magazine de radio da Universidade de Vigo. No programa desta semana teremos nos nosos Encontros na 2ª planta ao responsable da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, Alejandro Martínez.
Tamén se achegaron ao Escaparate os músicos do Dúo Xistra que nos mostrarán un pouquiño da súa música. Teremos ademais nos Chíos e cancelos toda a actualidade das RRSS e no noso Eramos poucos…Iván Iglesias deleitaranos cunha particular versión musical do tema “Tuyo” de Ricardo Amarante. Non volo perdades!