La trastienda #62
Lun | 21:00 | 21:42
Cada vez son máis, pero aínda se lles pode considerar pìoneras no mundo da arbitraxe futbolística. María López Hervés é unha moza árbitro que se converterá o domingo 19 de novembre na primeira muller pertencente á Delegación de Pontevedra do Colexio Galego de Árbitros de fútbol en formar parte como asistente do trío arbitral nun partido de Primeira división feminina, concretamente o Real Betis-Atlético de Madrid que se disputará en Sevilla. Farao como asistente da ourensá, tamén pioneira arbitral, Zulema González. Na Trastienda falamos con ela para que nos conte como se vive a arbitraxe desde dentro, dos problemas cos que se atopa no seu labor deportivo e tamén dos seus anhelos e aspiracións, ou de como decidiu dedicarse á arbitraxe.