La trastienda #69
Lun | 21:00 | 21:37
A derrota en Bouzas significa entrar en algo máis que nunha profunda crise? O descenso empeza a ser unha posibilidade real e angustiosa para o Pontevedra? Hai vimbias para escapar do perigo? É hora de buscar responsables ou simplemente apoiar para logo pedir explicacións ao finalizar a tempada? Hai tempo para reaccionar e como? Preguntas que trasladamos na Trastienda aos profesionais da información deportiva, compañeiros de Faro de Vigo e Diario de Pontevedra, Álex Dávila, Xurxo Gómez, Cristina Prieto e Xaime Nogueira.