La Cafetera 16feb2018
Ven | 08:30 | 10:00
O produtor audiovisual Jaume Roures foi entrevistado en "La Cafetera" de radiocable.com tras ser acusado nun informe da Garda Civil de pertencer ao “comité executivo” do procés. Segundo Roures “buscan cabezas de turco para pagar o seu ridículo e inoperancia política e policial”. E “algúns o pagan co cárcere e outros con imputacións inventadas”, dixo.
Jaume Roures afirmou que “o informe da Garda Civil é bastante ridículo”. “Aquí hai dous ridículos , o que ten que ver coas forzas de seguridade do Estado e o CNI -que dicían que desarticularan o referendo- e que o ridículo e a represión bestial que desencadearon viuse en todo o mundo”, engadiu.
Para explicar o por que da súa acusación, Roures sinalou que “o documental das Cloacas do Estado non gustou a determinada xente nin as imaxes que se publicaron na BBC e CNN do 1 de outubro”. “E a maneira de combatelo é culpabilizarnos a nós polo centro de prensa”, asegurou.