Rumboia: Chouteira

Rumboia: Chouteira

Mar | 20:00 | 20:10

A principios dos anos noventa apareceou Chouteira, un grupo que comezou sendo un quinteto tradicional ate evolucionar á formación máis ampla, sección de metais incluída, coa que rematarían a súa carreira. A súa primeira gravación foi un disco compartido que puideron gravar logo de vencer no IV Certame de música folk de Vilagarcía.

​Despois chegarían Chouteira, (Do Fol, 1995), Ghuaue, (Do Fol, 1997) e Folla de lata, (Do Fol, 2000). A formación de Chouteira sufriu algunha modificación dende os seus comezos, e na gravación do seu derradeiro traballo o grupo estaba integrado por: Uxia Pedreira, voz e pandeireta; Olga Nogueira, acordeón; Olimpio Xiráldez, gaitas, requinta, e bombo; Anxo Graña, saxo e zanfona; David Rodriguez, trompeta e fliscorno; Manuel Villar, tuba; Francisco Estévez, percusións y Alfredo Moldes, percusións.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar