La Cafetera #22mar2018
Xov | 08:30 | 10:03
"La Cafetera" de radiocable.com analiza a polémica xerada tras a publicación de ElDiario.es sobre as supostas “notas falsificadas” de Cristina Cifuentes na obtención do Máster en Dereito Autonómico da universidade pública Rey Juan Carlos de Madrid. O reitor, Javier Ramos, en rolda de prensa, achacou o sucedido a unha “mala transcrición na introdución das notas”. Pola súa banda, o xornal contestaba afirmando “contradi a versión de Cifuentes”. Horas máis tarde,a propia presidenta da Comunidad de Madrid acolleuse á versión da universidade a través dun Periscope ás 00:38 da noite.