Sangre Fucsia #151
Lun | 19:00 | 20:19
Pecha os ollos e pensa en alguén gamer; que lle molen os videoxogos, vaia. É home ou muller? Se lle preguntas a Google, a resposta está clara. Unha boa parte das imaxes de mulleres xogando que nos devolve son representacións irreais e objetualizadas de modelos en roupa interior chupando sensualmente o mando de plástico.
Precisamente este nadal unha famosa cadea de electrónica e pequenos electrodomésticos tiraba de estereotipo nun tuit que contrapoñía ás verdadeiras gamers con esas posers produto da perversa e inxenua fantasía patriarcal segundo a cal ás mozas só pódenlles gustar os videoxogos para resultar atractivas aos mozos dese mundo. JA!