Sangre Fucsia #161

Sangre Fucsia #161

Lun | 19:00 | 20:10

Neste programa achegámonos ao país veciño Marrocos, para tentar coñecer un pouco máis de preto os feminismos de alí. Para iso entrevistamos a Omnia Nur, membro activa do movemento 20F e da Asociación Marroquí de Dereitos Humanos, quen nos poñe ao día sobre a actualidade do movemento no país, e con quen charlamos acerca doutros temas como a recente lei aprobada de loita contra a Violencia de Xénero, o conflito do Sahara ou os colectivos  LGTBI+ do país.

Tamén repasamos a historia xeral do movemento de mulleres para coñecer que a institución de ensino superior máis antiga do mundo atópase en Marrocos. Esta foi fundada por Fátima al- Fihri e a súa irmá  Mariam, e hoxe coñécella como Universidade de  Qarawiyyin. Falamos tamén do gran cabalo de batalla do feminismo en Marrocos, o Código de Familia que entrou en vigor en 1958, chamado  Mudawana. Nel, referendábase legalmente a subordinación das mulleres en temas como o matrimonio, a custodia dos fillos ou o divorcio. En 1992, a Unión de Acción Feminista liderou unha campaña que recolleu máis dun millón de firmas solicitando a derrogación da Mudawana co argumento de que este código estaba en contradición coa Constitución, que proclama a igualdade formal de toda a poboación.  Como consecuencia deste activismo feminista, a  Mudawana reformouse parcialmente en 2004.

Ademais, coñecemos a algunhas das protagonistas máis importante do movemento, como  Fatima  Mernissi,  Ibtissam  Betty  Lachgar ou  Saïda  Menebhi. Por último, terminamos repasando algúns do cómic máis destacado do outro lado do Estreito, para constatar que neles a realidade social, política e cultural da zona árabe son as protagonistas. Sabías que o primeiro cómic en lingua árabe publicado en Marrocos data de 1950, tiña vinte páxinas, descoñécese o autor ou autora e chamábase “El halcón del desierto”?

Playlist: Soultana – Sawt Nssa; Cheba Maria – Celibataire; Rajae El Mouhandiz – Habibi Freak on; Sophia Charaï – Pichu Pichu; Oum – Wali; Lauma – Njoum Lil.

 

Sangre Fucsia

Somos a víscera, a puñada, a hemorraxia. Podcast feminista

Sangre Fucsia #196

Lun | 19:00 | 19:57

Verde Fucsia (Ficciones climáticas e mutacións ambientais).

Sangre Fucsia #196

Sangre Fucsia #186

Lun | 19:00 | 20:00

Sangre Fucsia #186: Linguaxes diversas, outras formas de comunicación.

Sangre Fucsia #186

Sangre Fucsia #185

Lun | 19:00 | 20:06

Sangre Fucsia #185: Seitas e mulleres, seitas de mulleres?

Sangre Fucsia #185

Sangre Fucsia #183

Lun | 19:00 | 20:04

Sangre Fucsia #183: 364 días e un 8 de marzo.

Sangre Fucsia #183

Sangre Fucsia #182

Lun | 19:00 | 20:11

Sangre Fucsia #182: Loitas feministas en Latinoamérica.

Sangre Fucsia #182

Sangre Fucsia #172

Lun | 19:00 | 20:11

Sangre Fucsia #172: Feminismos en Aragón.

Sangre Fucsia #172

Sangre Fucsia #31

Lun | 19:00 | 20:08

(Algunhos) Feminismos Lationamericanos.

Sangre Fucsia #31

Sangre Fucsia #171

Lun | 19:00 | 20:09

Sangre Fucsia #171: Accesibilidade universal.

Sangre Fucsia #171

Sangre Fucsia #170

Lun | 19:00 | 20:01

Sangre Fucsia #170: Botánicas: xardíns, bosques e algas.

Sangre Fucsia #170

Sangre Fucsia #164

Lun | 19:00 | 20:06

Sangre Fucsia #164: Autoficción, escribirse para ser.

Sangre Fucsia #164

Sangre Fucsia #153

Lun | 19:00 | 20:04

Sangre Fucsia #153: Hackers, ciberfeminismo e revolución 

Sangre Fucsia #153

Sangre Fucsia #152

Lun | 19:00 | 20:08

Sangre Fucsia #152: Recomendacións para feministas seriéfilas.

Sangre Fucsia #152

Sangre Fucsia #156

Lun | 19:00 | 20:07

Sangre Fucsia #156: Historia de folgas feministas

Sangre Fucsia #156
Fechar