Rumboia #20: Luvas verdes
Mar | 20:00 | 20:09
Formado no ano 2001 polos gaiteiros Pedro Lamas e Daniel Bellón, con Pepe Montero no tambor e Melo Suárez no bombo, Luvas Verdes pasará á historia como un dos cuartetos máis premiados. No ano 2005 editan o que foi o seu único traballo discográfico Fandango desesperado. Un disco no que a maior parte dos temas son composición de Pedro Lamas aínda que tamén hai temas tradiconais e composicións de Daniel Bellón. Este cuarteto caracterízase pola contundencia da súa calidade interpretativa e pola concepción moldeada e sólida da condición de 'músicos de tradición' dos seus integrantes.