El club de la esquina #26
Xov | 22:00 | 22:59
A xénese da música pop a finais dos 50 tivo uns sons particulares que co tempo tamén foron evolucionando con mellor ou peor fortuna. Nese túnel do tempo, de Estados Unidos por exemplo, Tino Domínguez rescata para esta ocasión a artistas como Neil Sedaka coa archiconocidísima 'Oh Carol' Doris Day e o 'Que será, será' da película 'El hombre que sabía demasiado', premiada cun Oscar á mellor canción orixinal; Rosemary Clooney, Andy Williams, The Brothers Four, Guy Mitchell, Johnnie Ray Peggy Lee ou Pat Boone.
Algúns dos temas escollidos, foron posteriormente versionados e readaptados, como lle sucedeu ao mítico ' Nel blu dipinto dei blu' do italiano Domenico Modugno, tamén coñecido como 'Volare'.