Do gris ao violeta #7

Do gris ao violeta #7

Ven | 12:00 | 12:39

Ernestina Otero Sestelo (Redondela 1890-1956), con 18 anos xa evidenciaba as súas ideas progresistas e de defensa dos dereitos da muller. Estudou Maxisterio na Normal de Pontevedra e continuou na Escola de Estudos Superiores de Madrid. En 1914 casa co farmacéutico Luís Pereira e en 1915 incorpórase como profesora Pedagoxía na Escola Normal, onde chegará a ser a súa directora. En 1933 é unha das dúas mulleres que asinaron o Manifesto de Intelectuais a favor do Estatuto de Autonomía para Galicia. Chega 1936 e comeza máis dunha década de acoso, persecución e castigo, non só á súa persoa, senón tamén á súa contorna familia. A pesar de todo, Ernestina resiste firme co seu compromiso social e político. Ata a súa morte en 1956.

Do gris ao violeta

Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra

Fechar