Cara a cara #135: Rómulo Mendoza
Mér | 21:00 | 21:33
A Unesco ten declarada como Patrimonio Inmaterial da Humanidade a cociña tradicional mexicana. Así que coñecemos este Patrimonio co chef mexicano Rómulo Mendoza.
A declaración da Unesco comporta un compromiso de protexer e preservar esas tradicións culinarias e nesa liña traballa este novo cociñeiro: "O meu restaurante está aberto no barrio da Mercé, a zona máis antiga de Cidade de México; nunha vivenda familiar de máis de 200 anos de construción. Un edificio con moita historia, con receitas e utensilios que eran da miña avoa e para min é importante mantelo", conta entre oitras moitas cousas neste programa.