Do gris ao violeta #8

Do gris ao violeta #8

Ven | 12:00 | 12:27

En Do gris ao violeta falamos coa protagonista do programa. Unha muller de rompe e rasga. Mari Carmen ou María Jesús Romero Brañas, ela explícanos o por que, foi a primeira muller que cantou nunha orquestra en Pontevedra. Para cando chegou aquel momento, Susa xa sabía o que era traballar desde nena. Foron os anos doces da súa vida. Nesta etapa coñeceu ao que foi o seu marido, Manuel, que faleceu cando a súa filla Ana tiña pouco máis dun ano. Tocaba sacar adiante á criatura en solitario, así que o seu seguinte destino laboral foi o Hotel Rías Bajas. Chegou a enfermidade da súa nai e para compatibilizar responsabilidades, entrou a traballar no Pavillón Municipal, onde durante 38 anos foi a súa conserxe. Non se amedrentou nin ante Isabel Pantoja nin Iñaki Urdangarín; e Julio Iglesias agradeceulle infinitamente que lle axudar a saír do recinto, escapando da multitude.

Do gris ao violeta

Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra

Fechar