A gruta de Gizamaluke #6

A gruta de Gizamaluke #6

Lun | 22:00 | 23:13

Chegamos a decembro e os gamers a recado están pendentes das novidades que saen ao mercado para incluílas nas súas listas de agasallos. Así que busca en PontevedraViva Radio este último podcast de 'A gruta de Gizamaluke' porque Carlos Pereiro avánzache cales e cando os podes ter.

E como non só de novidades viven os gamers, tamén che conta 'Que pasa no mundo?', por exemplo que lle pode pasar a 'Red Dead Online' que pode traer  'Pokémon GO', ou a visita próxima de Steven De Souza a Madrid. Tamén nesta entrega de 'A gruta de Gizamaluke', análsis de 'Artifact', o xogo de cartas de Valve.

Para completar, fai as túas apostas, porque Carlos Pereiro e Sara Orozco adiántanse aos Game Awards 2018 que terán lugar esta mesma semana en Los Ángeles. 

A gruta de Gizamaluke

Luns ás 22:00 horas

 Podcast en galego sobre videoxogos.

Fechar