Rumboia #45: Iván Costa Blanco

Rumboia #45: Iván Costa Blanco

Mar | 20:00 | 20:11

Iván Costa Blanco, nado en Moaña en 1971, é un gaiteiro galego. En 2006 edítase o seu primeiro CD en solitario co nome de 'Ávrego' (Edicións do Cumio), un traballo que aporta melodías tradicionais e mais composicións propias no que o autor é ao tempo intérprete de tódolos instrumentos que soan no disco. Participou nunha morea de proxectos: o conservatorio de Música tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo e a orquestra Son de Seu, traballos editoriais para a didáctica da gaita, recollida de pezas tradicionais por todo o país, espectáculos de música e danza... Os seus méritos foron recoñecidos con varios premios: Lorient, Constantino Bellón, etc... e fai parte de múltiples xurados de certames musicais.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar