A gruta de Gizamaluke #8

A gruta de Gizamaluke #8

Lun | 22:00 | 23:23

No último programa de 'A gruta de Gizamaluke' deste 2018, Carlos Pereiro e Sara Orozco traen as últimas noticias do mundo dos videoxogos. Na sección Que pasa non mundo? avanzan que aínda que falta máis dun mes para que 'Kingdom Hearts III' chegue ás tendas xa hai usuarios que conseguiron facerse con copias completas do xogo. Ademais, sabes cales son os dez xogos con peor nota deste ano que termina?, Metacritic publicou os dez peor clasificados. E pola contra  'Assassin’s Crede Odyssey' está considerado como un dos mellores videoxogos de 2018.

Estes últimos doce meses no sector dos videoxogos, non son os únicos contidos deste podcast, se queres saber a que poderás xogar durante o próximo ano, podes decatarche no debate do programa. Volverán en 2019.

A gruta de Gizamaluke

Luns ás 22:00 horas

 Podcast en galego sobre videoxogos.

Fechar