Rumboia #47: Pepe Vaamonde

Rumboia #47: Pepe Vaamonde

Mar | 20:00 | 20:10

Pepe Vaamonde é gaiteiro coñecido e recoñecido quen no ano 1993 acada o primeiro premio no Certame de Gaiteiros do Xacobeo e grazas a este premio grava este seu primeiro disco 'Danza Prima'. Este traballo contén gran número de pezas compostas polo propio Pepe Vaamonde. Tras este traballo seguiría unha intensa e interesante carreira musical como interprete, compositor e docente. Pepe Vaamonde acadou premios nos máis prestixiosos concursos e ten participado, como solista ou co seu grupo, nos festivais máis importantes do folk a nivel europeo. O disco Danza Prima foi editado no ano 1993 pola compañía Sons Galiza.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar