Cara a cara #17: Luis Carballo e Alberto Lastres
Mér | 21:00 | 21:27
Desde hai xa 24 anos, xullo é o mes do jazz en Pontevedra. A relación da cidade con este estilo musical, xa de seu intensa ao longo do ano, adquire un cariz máis destacado. É o momento no que chega o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Artistas internacionais, case sempre inéditos en Galicia, comparten escenario coa gran canteira de músicos galegos. E, como sempre, mantendo unha dos seus acenos de identidade: o feito de que todos os concertos son gratuítos. Neste Cara a Cara acompáñannos dous dos seus organizadores, Luís Carballo e Alberto Lastres, para falar desta nova edición