Rumboia #51: Os Cempés

Rumboia #51: Os Cempés

Mar | 20:00 | 20:15

Os Cempés comenzan a súa andaina no 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira. A primeira formación estaba composta por Óscar Fernández, Carlos Zaera, Antón Varela, Beto Niebla, Pablo Ces e Serxio Ces. Da formación orixinal, o gaiteiro Carlos Zaera morreu nun accidente de tráfico o 17 de marzo en 1995 antes de poder ver o resultado das primeiras gravacións. '¡¡Opa iii!!' é o primeiro álbum gravado do grupo galego de folk Os Cempés, publicado o 8 de xullo de 1996. A este primeiro traballo sucederiano Capitán re (1997), Circo Montecuruto (2001), Moe a moa (2003), Tentemozo (2012) ademais do recopilatorio 'Os Cempés 11 anos' (2005). Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar