Cara a cara #18: Eva Fernández Rodríguez
Mér | 21:00 | 21:18
Ven de revalidar por segundo ano consecutivo o título de muller máis forte de España, ou o que é o mesmo: "strongwoman". Un campionato que require unhas máis que esixentes probas, ao alcance de tan só sete mulleres, que foron as que se presentaron ao campionato celebrado na provincia de Sevilla. A vida de Eva Fernández Rodríguez, de tan só 25 anos de idade, transcorre vinculada á actividade física, concretamente ao crossfit; unha modalidade deportiva cada vez máis en auxe. O próximo ano viaxará a Ohio, Estados Unidos, para medirse con mulleres de todo o mundo no Arnold Classic 2017.