Rumboia #53

Rumboia #53

Mar | 20:00 | 20:10

O grupo Milladoiro nace no ano 1979, co paso do tempo converteuse nun auténtico icono da música galega, chegando a triunfar no panorama internacional. O primeiro disco editado por este grupo apareceu no ano 1980 baixo o nome de 'A Galicia de Maeloc'. O grupo orixinouse cando Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei, integrantes do grupo tradicional Faiscas do Xiabre, se uniron a Antón Seoane e Rodrigo Romaní que viñan de editar un disco chamado 'Milladoiro' inspirado nas músicas celtas europeas. 'A Galicia de Maeloc' foi unha aposta decidida por mesturar instrumentos como gaitas, zanfonas, arpas, acordeón, violín e instrumentos de percusión, unha aposta que marcou un antes e un despois na música da Galiza.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar