Festivais Rías Baixas #6: O Marisquiño
Mar | 20:00 | 20:35
A nosa viaxe polos Festivais Rías Baixas lévanos esta semana a Vigo. Alí celebrarase os días 12, 13 e 14 de agosto unha nova edición de O Marisquiño. A cidade olívica converterase durante toda esa fin de semana na capital da cultura urbana e dos deportes extremos. Porque se en algo se diferencia a O Marisquiño do resto destes festivais é que nos ofrece unha experiencia que vai moito máis alá da música ou a gastronomía.