Rumboia #57: Radio Cos

Rumboia #57: Radio Cos

Mar | 20:00 | 20:11

Radio Cos, uns pandereteiros cunha proposta propia sobre a nosa música tradicional, teñen editados dous traballos discográficos , Radio Cos (2013) e Pasatempo (2017). Xunto cunha banda de luxo conformada por tres prestixiosos músicos que teñen ao seu cargo o acordeón (Xan Pampín), gaita e saxo tenor (Pedro Lamas) e violín (Nikolay Velikov), Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas de Radio Cos, interpretan e traen aos nosos días temas tradicionais e importados.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar