Rumboia #61: Nela de Bres

Rumboia #61: Nela de Bres

Mar | 20:00 | 20:08

No ano 2012 a Editorial Canela, publicou un libro-disco sobre a figura do gaiteiro Nela de Bres. Trátase dunha obra colectiva na que participaron un importante número de persoas vencelladas á música tradicional. No CD inclúense 24 temas, algúns deles inéditos ate o momento, e o libro contén un albún fotográfico do que é autor o retratista cántabro Vicente Ansola. Nela de Bres é un dos referentes gaiteiros que viven no occidente asturiano, nesa zona na que os límites xeopolíticos non se corresponden cos verdadeiros lindes culturais. Os audios deste libro-disco foron gravados en Taramundi no ano 2009.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar