A gruta de Gizamaluke #25

A gruta de Gizamaluke #25

Lun | 22:00 | 23:28

En que se fixaron esta vez os protagonistas deste podcast semanal? no décimo aniversario dun videoxogo mítico: 'Minecraft'. Carlos Pereiro, Ana Beloso e Juan Sanmartín despiezan as historias que o rodean e do que foi. Outro referente desta industria no que se recrean é o remake de 'Final Fantasy VII' que se anuncia para novembro. Se queres saber máis doutros títulos... terás que escoitalos.

E Por que falan esta semana  Keanu Reeves? porque Mike Bithell, creador de 'Thomas Was Alone', é o director de 'John Wick Hex', cuxa data de saída aínda non se sabe, pero será exclusivo de Epic Games Store. Non é o único que está na sección 'Que pasa non mundo?', por exemplo a nova tempada, e van nove, de ' Fortnite'. Ou unha de cal e outra de area: mentres Tencent non consegue entrar no mercado chinés con 'PlayerUnknown’s Battlegrounds', outro título como ' Mordhau', xogo de loita medieval, convertéronse noutro dos éxitos de Steam.

A gruta de Gizamaluke

Luns ás 22:00 horas

 Podcast en galego sobre videoxogos.

Fechar