Sangre Fucsia #187
Lun | 19:00 | 19:59
Desde que se creou o Premio Nacional de Literatura Dramática, en 1992, tiveron que pasar 18 anos ata que o gañase unha muller. Unha delas foi, precisamente, Angélica Liddell, por ‘La casa de la fuerza’. Hoxe Reinohueco achega a Sangre Fucsia a súa obra. Dianespotting trae a herstory de Margarita Xirgu, renovadora teatral que morreu no exilio. A través dunha película, Pasolina expón unha circunstancia que seguro que a todas as actrices sóalles: pódese envellecer sobre as táboas? Gaelx conversa coa dramaturga, directora e actriz Silvia Albert Sopale sobre o seu traballo e as dificultades ás que se enfronta como afrodescendiente. A rexedora LolliDJ indica que a selección musical de Charlie, titulada “sobre como pasar de Sor Juana Inés a Lina Morgan en catro cancións sen despeitearse” está lista.