Rumboia #71: Cristian Silva

Rumboia #71: Cristian Silva

Mar | 20:30 | 20:40

O álbum 'Ego' axudou a Cristian Silva a levar o son das gaitas e a percusión tradicional a un plano diferente, diferente e innovador. Deste xeito, a música tradicional viaxa cara a unha sonoridade indie-pop. Producido na súa totalidade polo propio músico e editado por Inquedanzas Sonoras, 'Ego' inclúe tamén matices de rock, flamenco e música electrónica. E todo interpretado por este músico multi-instrumentista, desde unha perspectiva persoal, proporcionando así unha aposta propia caracterizada pola exploración e experimentación. O material principal do disco está formado por obras musicais que mesturan a tradición coa vangarda e que profundan nas novas técnicas interpretativas das gaitas.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar