Cara a cara #25: Alejandro Rodríguez
Mér | 21:00 | 21:22
Con certa frecuencia, as persoas propoñemos que facer coas nosas vidas, pero é esta quen finalmente dispón por onde discorre. Algo así lle está sucedendo a un mozo pontevedrés, Alejandro Rodríguez. Traballaba de cámara para televisión, e unha fin de semana no aeroporto do Prat, coñeceu a unha moza de Hong Kong que resultou ser o punto de inflexión da súa traxectoria vital. Trasladouse a China, aparcou as cámaras; pero seguía chamándolle a vocación. Descubriu o "time lapse" - con cuxa técnica obtivo un premio internacional - e as utilidades profesionais que podería ofrecerlle. Serendipia?, pode ser, pero non exenta de esforzo e tenacidade.