Rumboia #75

Rumboia #75

Mar | 20:30 | 20:43

Fuxan os Ventos xurde en 1972 en Lugo no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome para o grupo. Foron adquirindo un compromiso social que se plasmou na incorporación da canción protesta, nunha liña de oposición á ditadura e de reivindicación dun pobo, un idioma e unha cultura propia. Un total de 10 traballos discográficos e 3 recopilatorios que se pecharon coa gravación, no ano 2009, de 'Terra de Soños' unha gravación en directo na que colaboararon importantes figuras da música galega.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar