Rumboia #80: A Subela

Rumboia #80: A Subela

Mar | 20:30 | 20:11

Entre as numerosas iniciativas que impulsa o Liceo de Noia, está a creación do grupo de música tradicional A Subela. Unha fermosa presentación estética envolve ao disco que contén 13 temas gravados e editados no ano 2019 baixo o título 'Con zocas novas'. Este traballo discográfico foi feito baixo a dirección de Felisa Segade e grazas aos arranxos e composicións de Juan Parga. Moitos dos temas que aparecen neste cd tamén foron recollidos do cancioneiro popular de varias parroquias do Concello de Rois que realizou Clodio González Pérez, coa colaboración de alumnado do Colexio Público de Urdilde no ano 1985.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar