![Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/c55/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5d825c1e71-5d7a688341-img_3495.jpg)
Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica
Xov | 21:00 | 21:25
O Exército de Terra completou este mes por quinto ano consecutivo, no Grove, a fase de prácticas de navegación previas á Campaña Antártica 2019-20. Nesta trixésimo terceira Campaña participan trece militares que prestarán apoio aos investigadores que desenvolven alí os seus proxectos científicos.
Charlamos co Comandante Joaquín Núñez, xefe desta Campaña que partirá aproximadamente o 5 decembro; coa Capitán Veterinaria Marina Sánchez e co Sarxento Primeiro Tomás Zamora, da área de Instalacións. Tamén está presente o Comandante da Brilat, Roberto Domínguez. (A Brigada Lixeira Aerotransportable de Pontevedra colabora co contixente desprazado ata O Grove).
"É algo que custa crer - sinalan - pero o que se fai medioambientalmente en Pontevedra tamén afecta á Antártida". Para iso, a Campaña Antártica tamén desenvolve un intenso labor de divulgación.