Rumboia #89: Os Melidaos

Rumboia #89: Os Melidaos

Mar | 20:30 | 20:45

O grupo Os Melidaos naceu no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Sete gaiteiros que cantan veñen desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai dezaoito anos, con aquel principio como guía. Os Melidaos suman xa catro discos no mercado: 'Que ben baila, que ben baila' (2009), 'Axudádeme a cantar' (2012) no que incluíron, por vez primeira, as voces dos seus membros, Festa na Codeseira (2015) e Tribo nosa (2019).

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar