Cara a cara #180: Manu San Félix
Mér | 21:00 | 21:26
Manu San Félix, biólogo e explorador submarino, coñece moi ben a costa galega. Dela di que "é un lugar bendicido pola natureza. Se puidésemos retroceder mil anos caeriamos de costas ao ver a riqueza, a explosión de vida que había na Rías Baixas". Pero non é momento de triunfalismos porque "agora enfermou e agora é o momento de analizar, coidar e facer algo". Forma parte desde 2008 do proxecto 'Pristine Seas' de National Geographic, e dirixiu tamén o documental ‘Salvemos o Mediterráneo’.